Ponteceso | O Colexio Ave María de Pazos acollerá o XVI Certame Canción Popular

O XVI Certame de Canción Popular volverá a celebrarse este ano. O evento está organizado pola Coral Polifónica de San Salvador de Pazos, no que colaboran activamente o Concello de Ponteceso e a Deputación da Coruña.
Levarase a cabo o día seis de agosto ás 20:30 horas no local do Colexio Ave María de Pazos e nel actuarán a Coral Polifónica Lembranzas de Sta. Cruz de Oleiros e a Coral Polifónica de San Salvador de Pazos. Desde o Concello de Ponteceso animan a todas as persoas a que se acheguen a gozar de este fermoso certame.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha