O que pasa na política de Ponteceso, lonxe de arreglarse, parece distanciarse aínda máis. En xogo, unha nova aprobación do Plan de Obras e Servizos (POS). A falta de 10 días para que a Deputación da Coruña poida dar o visto e prace a toda a documentación, o grupo de Goberno segue a negociar co PP e APIN un acordo que permita esa ‘necesaria’ inxección económica de preto de dous millóns de euros nas arcas municipais. Populares e Independentes afirman buscar ‘o mellor para os veciños’, polo que ‘se está a negociar’.
Pola súa parte o grupo dos non adscritos asinou un comunicado discrepando dos feitos acontecidos, recentemente publicados, e que matizan cos cinco seguintes puntos:
1. «Os non adscritos foron convocados a unha reunión, a cal era concretada sen diálogo e sen tan sequera 24h antes ao mais puro estilo «eu mando e ordeno» polo cal lle responden que non poden acudir pero que sí mostran interés nun consenso de obras e suxiren que se convoque con tempo suficiente para que todo o pleno poida acudir. Sendo coñecedores, (xa se encarga Carballido de anuncialo na prensa), de que levan un mes con reunións e convocatorias de unha semana para outra. Cando non se quere, non se quere. Isto non sae porque non interesa.
2. ‘As bases do POS están publicadas dende hai dous meses, e 10 dias antes acórdanse de convocar aos non adscritos. Ese é o diálogo do que tanto se fala’.
3. ‘Aparecen 2 millóns de euros que tanto goberno como oposicion guisan, das cales os non adscritos non teñen coñecemento pese a ser o 46% dos representantes dos veciños’.
4. ‘Os non adscritos presentarán a súa proposta para o POS anticipando que, con só un apoio máis no pleno se acada a maioría plenaria e os veciños serán os beneficiados do POS. Esas propostas estarán centradas nos maiores do municipio, no pago a proveedeores que sae a luz só cando interesa e en servicios esenciais’.
5. ‘É curioso ver como saen cifras diversas desde 443.000€ que son os do POS 2022, ata 800.000€ que deixa o Alcalde para as obras da oposición ata os 2 millons que aparecen ahora coma se nacesen na horta’.
Conclúen afirmando que esta é unha «maneira de enganar e atordar aos veciños». Cargando tamén contra o que definen como «falta de profesionalidade dos informadores que tergiversan a información».