Ponteceso | O local da asociación da Campara acolle un acto polo Día da Muller Rural

Foto de Zen Chung en Pexels

  • Este sábado, ás 18:00 horas, varias residentes da localidade relatarán as súas vivencias no rural

O Concello de Ponteceso conmemora este sábado o Día Internacional da Muller Rural, celebrado este pasado venres, cun acto que terá lugar no local da asociación da Campara ás 18:00 horas. Durante o evento varias residentes da localidade relatarán a súa
experiencia vital como mulleres procedentes do ámbito rural.

Con esta acción o goberno local quere homenaxear ás muller rurais «visibilizando a súa gran labor e contribución na nosa sociedade».