Ponteceso | O xornalista e escritor Ilia Galán impartirá unha conferencia no MACCMO

Ilia Galán_Concello de Ponteceso

  • Será este martes a partir das 19:00 horas

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte-MACCMO (Corme, Ponteceso) acollerá este martes unha conferencia a cargo do escritor, poeta e xornalista Javier Díez Galán, máis coñecido no mundo literario e filosófico como Ilia Galán (Miranda de Ebro, Burgos, 1966).

‘Sabiduría oculta del Camino de Santiago’ é o nombre desta charla que se impartirá a partir das 19:00 horas aproveitando que Galán se atopa estes días na Costa da Morte.

O autor é Licenciado en Filosofía pola Universidade de Navarra, en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información de Leoia (Euskadi), e Doutor en Filosofía da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén é profesor titular de Estética e Teoría da Arte na Universidade Carlos III de Madrid e investigador e profesor convidado en universidades como Oxford, Harvard ou La Sorbona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha