Ponteceso ofertará este verán 60 prazas para o campamento de conciliación

1 minutes read
  • A actividade desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá

Todos os nenos e nenas empadroados en Ponteceso e nacidos entre o ano 2010 e 2018 poderán optar a unha das 60 prazas que oferta o Concello para o campamento de conciliación. A actividade, enmarcada no programa Respira Verán 2022, desenvolverase de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas, durante os meses de xullo e agosto.

O prazo para inscribirse abrirase este luns e pecharase o próximo 27. As prazas iranse cubrindo por orde de inscrición para familias que acrediten a necesidade de conciliación e cumpran os requisitos de renda familiar. Máis información chamando ao 881 983 223.