40
- As familias en situación de vulnerabilidade deberán acudir a Servizos Sociais para solicitar as axudas
O Concello de Ponteceso anunciou este martes que pon á disposición de todas as familias que o precisen axudas para paliar os efectos económicos desta pandemia.
O Concello reservou fondos provinciais para estes casos, polo que aquelas familias cuxos ingresos se viran considerablemente reducidos ou que quedasen sen ingresos a causa da Covid-19, poden preguntar en Servizos Sociais do Concello polas axudas dispoñibles.