22
O XXV Certame de Corais Entoido 2023 volverá a celebrase este ano. O evento organizado polo Concello de Ponteceso levarase a cabo o día 18 de febreiro ás 20.30h no Edificio das Escolas e actuarán as corais Polifónicas Brisa do Mar de Corme, Santa Mariña de Ponteceso, San Salvador de Pazos e Oliveira do Monte Branco. Dende o Concello animan a todas as persoas a que se acheguen ao fermoso certame no que haberá un convite de degustación de entroido para os/as coralistas e as persoas que se anoten aos coros.