A actividade, que será de balde e aberta á participación de toda a veciñanza, terá lugar o venres 5, ás 18:30 horas, no Edificio das Escolas.
Na actualidade, as novas tecnoloxías están presentes en case todas as actividades que realizamos a diario, permitíndonos comunicarnos, relacionarnos e acceder á información sen tempos nin distancias, especialmente entre a mocidade. Pero pese a todas as posibilidades e vantaxes que nos ofrecen, non debemos descoidar os riscos que poden derivarse dun uso inadecuado, excesivo e irresponsable, sobre todo, entre os máis novos/as.
Con esta nova acción municipal pretendese achegar ás familias ferramentas que sirvan de apoio na educación dun uso axeitado das Tic’s para que, ademais de coñecer todas as posibilidades que ofrece Internet, dispoñan da información necesaria para facer fronte a posibles situacións de abuso e/ou riscos por parte da rapazada no manexo, entre outras, das redes sociais.