Ponteceso participa no programa de acollida de refuxiados ucraínos

Concello de Ponteceso

  • As persoas que cheguen a Galicia baixo protección internacional terán garantidos dereitos como o aloxamento na rede de centros a nivel estatal ou asistencia sanitaria

O Concello de Ponteceso participou este mércores nunha reunión sobre o programa de acollida de persoas refuxiadas da guerra en Ucraína que organizou a Deputación da Coruña e na que tamén tomaron parte entidades como Accem, Cruz Vermella, Sen Valos ou Ecos do Sur.

Segundo comunicou o goberno local, as persoas de orixe ucraína que cheguen a Galicia con motivo da guerra serán atendidas polos Servizos Sociais dos concellos sendo posteriormente derivadas á organización Aceem, encargada de xestionar o acollemento de persoas solicitantes de protección internacional na comunidade galega. Con este tipo de protección a situación dos refuxiados estará regulada e serán incluídos no programa de acollemento do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, tendo garantidos dereitos como o aloxamento na rede de centros a nivel estatal, atención sanitaria e xurídica ou clases de español, entre outros.

Desde o Concello de Ponteceso aseguran que «polo momento hai prazas suficientes no programa» e que en ningún caso o Ministerio xestiona acollementos en domicilios, aínda que «hai moitos xeitos de colaborar coas ONGs que están axudando ós refuxiados» como a campaña a nivel local Corre por Ucraína organizada pola Administración local e Cáritas Diocesana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha