Ponteceso pensa nunha liga de pádel ante a boa acollida da pista instalada en Corme

Cedida

  • A instalación, gratuíta, rexistrou centos de alugueres este ano

A pista de pádel gratuíta instalada en Corme, no concello de Ponteceso, ten cada día máis usuarios e «suma centos de alugueres este ano debido ás boas condicións do tempo», afirman desde o consistorio. Por este motivo, desde o Concello pensan na organización dunha liga de pádel e en retomar de novo os cursos de verán, que foron «un éxito no pasado ano e tiveron lista de agarda».

Para solicitar o uso desta instalación, situada detrás do pavillón deportivo, é preciso dirixirse ao departamento de Deportes do Concello.