24
O alcade de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, solicitou unha reunión cos responsables de mobilidade da Xunta de Galicia, para a creación para o verán de 2023 dun servizo especial, do 15 de xuño ao 15 de setembro, de autobús de liña que una Carballo, Buño, Pazos e Ponteceso con Balarés. As frecuencias solicitadas, serían de dúas por día de luns a venres, e tres por día os sábados e domingos, todos de ida e volta nos seguintes horarios.
De luns a Venres
11.00 horas Carballo
14.00 horas Carballo
16.30 horas Balarés
18.30 horas Balares
Sábados e Domingo
10.00 horas Carballo, 12.00 horas Carballo, 15.00 horas Carballo
Balarés
16.30 horas, 18.30 horas, 20.30 horas