Ponteceso pon 10 ordenadores portátiles a disposición dos estudantes con menos recursos

Ordenadores no concello de Ponteceso_Cedida

  • Os equipos foron doados pola empresa ADP Renováveis

O Concello de Ponteceso acaba de poñer 10 ordenadores portátiles a disposición dos estudantes de familias con menos ou poucos recursos para que os nenos poidan acceder a contidos educativos online. O material foi doado pola empresa EDP Renováveis.

O alcalde, Lois García Carballido, agradece o xesto da compañía eléctrica portuguesa, “que mira polo futuro dos veciños máis novos nun momento no que a responsabilidade social corporativa do tecido empresarial debe apostar pola solidariedade, a través de pequenas accións que permitan que ninguén se quede atrás debido a crise sanitaria provocada polo COVID-19, especialmente as persoas máis vulnerables”.

Dende o Concello de Ponteceso tamén se ofrece ás familias que o precisen asesoramento para a adquisición de produtos tecnolóxicos no comercio local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha