Ponteceso prepara unha nova ruta de “Camiñar na noite”

Imagen de archivo de una de las rutas_Concello de Ponteceso

Tras a última ruta “Camiñar na noite” por Corme Aldea, organizada polo Concello de Ponteceso, que tivo lugar o pasado venres, a seguinte andaina será este próximo venres 6 de agosto ás 22:00, na que percorrerán Pazos e sairán da Plaza. Para participar é necesario anotarse previamente, dado que as prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.