Ponteceso presentará a ‘Vía Céltica, camiños de Santiago por Bergantiños e a Costa da Morte’

1 minutes read

No evento, que se celebrará este sábado ás 20:00 horas no MACMO de Corme, intenvedrán Suso Lista e o historiador Joam Evans así como as pandereteiras do Roncudo que serán as encargadas de amenizar o encontro.
O Camiño de Santiago Vía Céltica, dende os portos de Bergantiños e Costa da Morte, conta xa coa aprobación e a Compostela Oficial. Trátase dunha iniciativa que é moi importante para o desenvolvemento turístico e económico e para poñer en valor a historia e o rico patrimonio arquitectónico de Ponteceso.
Despois do acto haberá unha gran degustación de castañas asadas na praza dos voluntarios de Corme.
Agradecen a colaboración da Asociación Costavales.