A Concelleira Noelia Varela, acompañada pola súa compañeira de goberno Maite Chouciño, polo alcalde, Xosé Lois García Carballido e polas técnicas Remedios Varela e Noelia Leis presentaron no Local Social de Pazos o cartel dunha novidosa actividade que se vai a celebrar por primeira vez en Ponteceso: “Un faladoiro de mulleres arredor do deporte”.
O evento que será o sábado 11 de marzo ás 19.30 horas, no Edificio das Escolas, ten como lema “Fala o deporte feminino, apunta e marca o teu tanto”. Neste faladoiro a concellería de igualdade daralle voz a mulleres moi destacadas do deporte como, María Bardanca, una das 1ª futbolistas de fútbol sala da bisbarra, a corredora de rallyes Sandra García, a empresaria local, Olga Pose Chouciño e tamén intervirán Eva Carril Castro, que foi futbolista e agora é adestradora da familia do FC Ponteceso e as directivas do Corme F.C., como Virginia Vidal e Marisé Bugallo. Tamén falará unha deportista veterana das actividades municipais como é Candida Rivera e por ultimo intervirá Miriam Amador Vázquez, profesional de INEF.
A parte emocionante vai a ser un recoñecemento ás mulleres que destacaron este ano na práctica deportiva en disciplinas tan variadas como o tiro con arco, o baloncesto, o judo, o fútbol e outras actividades relacionadas coas Escolas Deportivas Municipais.
A Concelleira de Igualdade do Concello de Ponteceso, Noelia Varela, tamén convidou a todas as mulleres e a todas persoas comprometidas coa igualdade a participar nas actividades que propón o Concello ao redor do 8M, así como a participar na manifestación feminista convocada polos colectivos feministas de Ponteceso.
Aínda quedan prazas para viaxar a Santiago de Compostela a unha visita guiada o 8 de Marzo denominada “A Compostela das Mulleres”.
Un autobús sairá da praza do recheo de Ponteceso as 09.30 horas da mañá e regresará de Santiago de Compostela ás 20.00 horas. A viaxe inclúe visitas guiadas ás zonas de Santiago máis relacionadas coa historia das mulleres e tamén un xantar de confraternidade de todas as participantes.
A actividade é de balde para todas as mulleres. O luns e o último día para inscribirse.