Ponteceso | Protección Civil retirará os troncos de madeira varados no esteiro do Anllóns

0 minutes read
  • A actuación realizarase este sábado e a leña irá destinada a fins sociais

Membros de Protección Civil de Ponteceso retirarán este sábado os troncos que se atopan varados ás beiras do esteiro do Anllóns debido a que poden causar algún accidente marítimo se hai mareas vivas.

O dispositivo arrincará ás 10:00 horas e consistirá en «cortar os troncos en toradas para usalos como leña cun fin social», destacan desde o Concello.