Ponteceso queda sen POS


  • O alcalde anunciou que tentará buscar unha ampliación do prazo para tratar “chegar a un consenso”.

O alcalde de Ponteceso, Lois García, non logrou sumar os apoios suficientes para aprobalo no pleno extraordinario celebrado este mércores. A proposta de García Carballido tan só foi apoiada polo PSOE, contou coa abstención de APIN, pero foi rexeitada polo PP e os edís non adscritos.

Se o alcalde asinase a súa dimisión, o Partido Popular tiña un POS alternativo que presentaría nese momento. Lois García confirmou que non se produciría tal situación, e que a forma de cambiar de alcalde serían unhas eleccións ou unha moción de censura “que saben que non poden facer”.

Os seus ex-compañeiros de filas lembráronlle que “o pobo de Ponteceso votou a un grupo de persoas, non votou exclusivamente ao alcalde”, polo que lle pediron que non os ningunease e tivese en conta as súas propostas democráticas de maioría.