Ponteceso reactiva a obra pública con proxectos por 2,8 millóns de euros

1 minutes read

A semana que vén rematará o prazo para que as empresas presenten as súas ofertas para tres importantes proxectos, entre eles o de redacción e dirección de obra da renovación do alumeado, o que se destinarán 88.462,20 dos 2,5 millóns de euros consignados no orzamento deste ano para a modernización de todo o alumeado do Concello. Os outros dous proxectos en licitación permitirán seguir mellorando a rede viaria e os servizos urbanísticos municipais en Corme Porto e Corme Aldea. Outra das actuacións viarias levarase a cabo nas parroquias de Pazos e Cores, co obxectivo de mellorar as infraestruturas e os servizos de centros de actividade económica como o Pazo de Sergude ou o futuro centro residencial de Bardaio. Deste xeito o Concello de Ponteceso reactiva a obra pública, levantando a suspensión dos prazos de licitación e impulsando a tramitación de proxectos por 2,8 millóns de euros.