O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, recibiu da man do vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, un novo camión de bombeiros para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ponteceso que da servizo a outros catro concellos.
O camión, que era una vella demanda do Concello, mellorará moito a capacidade de resposta en todo tipo de terreos. O depósito pasa de de 1500l a 4000l e un equipamento 4X4. A concelleira Marta Carrillo Aguiar, tamén acudiu ao acto de entrega.
O Concello agradeceu ao Vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, a achega e solicitoulle unha reunión para conseguir un convenio de cara a dotar ao GES dunha nave industrial no Parque Empresarial de Tella como base para albergar unhas instalacións mellores. A idea xa lle fora exposta ao Alfonso Rueda cando era vicepresidente da Xunta.