Ponteceso recupera os domingos de baile e variedade de actividades para os maiores


Os domingos de baile e xogos volven a partir deste domingo 4 de decembro haberá música en directo e servizo de cafetería en horario de 18.00h a 21:00 horas, no Edificio das Escolas de Ponteceso. A Concellería de Servizos Sociais organiza esta actividade co obxectivo de ampliar a oferta lúdica no municipio, combater a soidade e fomentar o envellecemento activo.

Ademais tamén está organizando obradoiros para adestrar a mente e o corpo. Estes talleres van dirixidos a persoas maiores de 55 anos e neles faranse actividades para reforzar a memoria, manualidades e pautas para manexar correctamente os dispositivos electrónicos.

As sesións aínda non teñen data de inicio nin días fixados, pero serán dúas clases á semana de unha hora e media de duración cada unha. Poderán participar en grupos de 15 a 20 persoas.