Ponteceso recuperará o seu certame de pintura ao aire libre ‘Fernando Álvarez de Sotomayor’

1 minutes read

A sexta edición do Certame Internacional de Pintura ao aire libre “Fernando Álvarez de Sotomayor” será o sábado 23 de xullo con localizacións repartidas polas distintas parroquias do Concello de Ponteceso. O máximo dos cen artistas que poderán participar xa poden formalizar a súa inscrición por correo electrónico en pinturasotomayor@gmail.com. No acto de presentación celebrado no pazo de Sergude, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, afirmou que haberá localizacións en todas as parroquias. Maya Álvarez de Sotomayor, neta do autor homenaxeado, apuntou que o seu avó “amou tanto a esta terra que a plasmou nos seus cadros pintando a toda a xente do lugar».