Ponteceso | Rematan as obras en Tella

1 minutes read

As obras levadas a cabo eran unha vella demanda da Asociación dos Seixos de Tella ao Concello, polo que postos ao asunto o goberno local substituíu a vía empedrada que subía á Asociación, na que podían sufrirse caídas, especialmente de xente maior porque estaba desfeita en varios tramos, por unha pista de formigón coloreado verde que ademais permite un acceso á pista deportiva que antes non existía. Conectouse ao saneamento tanto o local social de Tella como os vestiarios da pista deportiva e a escola unitaria de Tella.
Ademais ampliouse con tratamento asfático a praza, restaurando unha zona que estaba preto da estrada, que se atopaba en moi malas condicións, e unha zona que conectaba coa praza que case non se utilizaba. Tal e como demandaba a Asociación, agora quedou unha enorme praza tanto para festas como para aparcamento cando se celebra algún tipo de acto relixioso.