O Concello de Ponteceso está a repartir, casa por casa, un kit de protección composto por un par de luvas, unha bolsiña de xel hidroalcohólico e unha mascarilla lavable e reutilizable. Dende o Concello agradecen ao taller de Manuela e a todas as costureiras que participaron na confección das mascarillas, así como a Open Wash por lavalas e desinfectalas e a Extincarclima de Santa Comba por achegarlles os sobres de xel hidroalcohólico dende O Porriño. Ademais das costureiras, o Concello de Ponteceso conta coa inestimable colaboración do voluntariado de Protección Civil, que cada día embolsa máis de 1.000 mascarillas, 2.000 guantes e 4.000 bolsiñas de xel, e que tamén se encargará da distribución á veciñanza.
Ponteceso reparte un kit de protección anti Covid-19
Elaboración de máscaras_Concello de Ponteceso.