Ponteceso | Reprogramado para o 2 de xuño o espectáculo infantil ‘Cores e persoas’

1 minutes read
  • A actividade desenvolverase na biblioteca municipal ás 18.30 horas

Finalmente, o contacontos infantil Cores e persoas, protagonizado polos Ratos de Lonxedetodo da compañía Trinketrinke, achegarase ata a biblioteca municipal de Ponteceso o xoves 2 de xuño despois de ser adiado esta semana. Será ás 18.30 horas.

En Cores e persoas Lilí Gruyère, recentemente chegada dunha xira por EEUU, trae unha maleta con agasallos para os integrantes de Lonxedetodo pero tamén de libros de contos que compartirá con todo o público. A representación incluirá cancións e bailes que os pequenos deberán realizar para resolver problemas.

O Concello involucrouse nesta actividade para «achegar á lectura ós máis cativos». As persoas que desexen asistir deberán inscribirse no 659 431 242.