Ponteceso | Restricións viarias en Corme Porto esta fin de semana polas festas do Carme

Concello de Ponteceso

  • Queda prohibido estacionar en zonas sinalizadas e na contorna da Praza da Ribeira.

O Concello de Ponteceso emitiu un bando municipal no que se expón que durante as festas na honra á Virxe do Carmen, que se celebrarán en Corme Porto esta fin de semana (15 e 16), queda prohibido aparcar nas zonas sinalizadas e na contorna da Praza da Ribeira dende as 00:00 h do día 14 ata as 08:00 h do día 17.