Ponteceso solicita o reforzo da Policía Local ante a chegada do verán

Imaxe de archivo de auxiliares da Policía Local

  • O Concello xustifica esta demanda ante o aumento da poboación, e das súas necesidades, durante a tempada estival

O Concello de Ponteceso vén de solicitar á Academia Galega de Seguridade Pública dúas prazas de auxiliares de Policía Local por un período de catro meses. Unha petición coa que agardan facer fronte á tempada de verán, na que «se produce un aumento de poboación e das necesidades que se deben cubrir no territorio municipal», sinalan desde o goberno local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha