Ponteceso solicitará que a «Festa do Percebe» de Corme sexa de Interese Turístico Nacional

Fonte: turismo.dacoruna.gal

A corporación local de Ponteceso aprobou por unanimidade que se inicien os trámites para conseguir que a «Festa do Percebe» de Corme sexa declarada de Interese Turístico Nacional. Actualmente, na Costa da Morte só ten ese título a «Romaría da Nosa Señora da Barca», en Muxía.

Non é fácil conseguir esa distinción, pois esixen moitos requisitos. En Vimianzo tamén aprobaron iniciar a solicitude para que o «Asalto ó Castelo» sexa declarada de Interese Turístico de Galicia, que xa foi rexeitada fai dous anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha