Ponteceso | Supervisadas as obras de mellora nunha beiravía da Avenida Eduardo Pondal

1 minutes read

Un tramo da beiravía cercano ao río estaba en moi mal estado e precisaba una reparación urxente. Trátase dunha demanda moi agardada polos veciños, debido á existencia de perigo de derrubamento, inclinación e a fenda entre pavimento e bordillo. O muro de bloque presentaba graves deficiencias estruturais por unha obra moi mal feita hai quince anos. Os traballos supervisados polo alclade, Lois García Carballido, consistiron na reparación da beiravía con cimentación independente, a eliminación do muro e a posterior colocación dun valado metálico, por indicación de Augas de Galicia, no seu lugar. Intervencións urbanas como esta, contribúe a mellorar a calidade de vida e a seguridade de todos os veciños e veciñas da vila.