Ponteceso tínguese de negro contra á violencia

CEDIDA

  • A área de Igualdade conmemorará o 25N con charlas para todo o alumnado do IES Eduardo Pondal e un taller de teatro

O Concello de Ponteceso volve a participar na campaña “En negro contas as violencias”, coa que queren concienciar á cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social.

Dende a Concellaría de Igualdade tratan de implicar ao tecido económico, educativo, asociativo e á cidadanía en xeral para ofrecer dende Ponteceso unha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero. Nesta liña, arredor do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, o departamento que dirixe Noelia Varela Suárez impulsa unha serie de actividades que tratarán de redundar nesa mensaxe.

O día 25 celebraranse durante toda a mañá actividades co alumnado do IES Eduardo Pondal, e ás 16.30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas, levarase a cabo un taller de teatro para mulleres no que, a través de diferentes técnicas escénicas, poderán aprender a recoñecer distintas violencias de xénero.

A concelleira Noelia Varela repartiu ademais material cos lemas da iniciativa aos comercios de Ponteceso, e quen desexe máis instrumentos de reivindicación pode solicitalos na Casa do Concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha