Ponteceso | Todos os negocios da Vía Céltica que o queiran recibirán un selo para a Compostela

Todos os negocios da Vía Céltica, dende Corme a Pontedona, ou dende Ponteceso a Anllóns, que o queiran, recibirán un selo para a Compostela. O Concello de Ponteceso pediu á Xunta que ambos sexan declarados Portos Xacobeos.

O alcalde de Ponteceso, Lois García, colabora con viaceltica.com e a Asociación Costavales na promoción do Camiño de Santiago, facendo a primeira etapa de Ponteceso a Valenza (Coristanco) con outros peregrinos da bisbarra. O Concello de Ponteceso prepara unha presentación en Corme, e a ruta de aí a Pontedona, en Xornes.

O mapa da Vía Céltica xa está exposto no Campo da Feira e no Museo Maccmo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha