Ponteceso traballa na limpeza e mantemento das súas praias


O Concello de Ponteceso está limpando mecanicamente as praias municipais, con especial énfase nas tres que contan con bandeira azul.

O Alcalde do municipio, Xosé Lois García Carballido, visitou os traballos que está levando a cabo Costas no rego da praia da Ermida para a súa restauración: “os troncos que fan empalizada estaban caídos ao cauce e o rego cheo de maleza, por iso lle pedimos a Costas del Estado a súa conservación”, afirmou o rexedor.

“A Ermida é unha das praias máis fermosas da Costa da Morte. Imos traballar para mantela limpa e libre da erosión, e para iso ter o rego despexado é fundamental. A ponte de madeira é moi bonita, marcando esa unión entre río e mar. Ademais, temos Gondomil e a Pedra da Serpe a un paso, unha xoia do noso patrimonio, concluíu o alcalde.