Ponteceso | Trinke Trinke co contacontos teatral “Asociación de animais solidarios”, día 29 de abril

0 minutes read

A Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá o vindeiro venres, 29 de abril, a representación do contacontos “Asociación de animais solidarios”, da compañía Trinke Trinke.
Unha actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, con aforo limitado e entrada de balde, para a que é preciso reservar praza chamando ao teléfono 659 431 242.
Os asistentes verán a nova representación dos ratiños de Lonxedetodo que veñen de formar a Asociación de Animais Solidarios vendo os problemas que na fauna mundial está provocando o cambio climático. Pronto comezan a recibir chamadas de animais que buscan axuda.