26
- O Concello uniuse á declaración institucional promovida pola FEMP con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
Este venres o goberno local de Ponteceso aprobou a adhesión do Concello á declaración institucional polo Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, promovido pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
A concelleira de Servizos Sociais, Noelia Varela, considera este acto «fundamental para lograr a igualdade, respecto e amor por todas a persoas do colectivo». A edila tamén sinalou que desde a Administración local se traballan políticas para sensibilizar e concienciar á veciñanza sobre os dereitos de todas as persoas e para loitar contra actos de discriminación.