Vilas en flor é unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos. O programa, está organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar).
Vilas en Flor suma 26 concellos galegos entre os que se atopa Ponteceso, ademais de Culleredo, Betanzos, Fene, Narón, Pontedeume, Sada, Ortigueira, San Sadurniño, Chantada, Mondoñedo, Sarria, Guitiriz, Allariz, O Carballiño, Lalín, Salvaterra de Miño, Tomiño, A Guarda, Baiona, Cuntis, Cambados, Gondomar, Salceda de Caselas, Caldas de Reis e Tui.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou este mércores que o recoñecemento dos 26 concellos premiados co distintivo Vilas en Flor son moito máis ca un premio ou un selo de calidade, xa que denotan a importancia da conciencia social sobre o valor da paisaxe para estes municipios, que cada día se implican na protección e conservación da riqueza natural e paisaxística dos seus concellos.