38
- A casa consistorial e a biblioteca municipal permanecerán pechadas ata novo aviso
A pesares de estar no nivel de alerta 0 por coronavirus, un positivo entre o persoal municipal que traballaba na casa consistorial do Concello de Ponteceso obrigou este martes a pechar as oficinas por precaución. O rexedor, Lois García Carballido, tamén decretou o peche da biblioteca municipal ata novo aviso.
A atención ao público realizarase de xeito telemático de 9.00 a 14.00 horas, e a través da sede electrónica https://sede.ponteceso.gal/ durante as 24hs.
O Concello recomenda a todas as persoas que durante estes últimos días estiveron no edificio municipal a que extremen as precaucións.