Ponteceso | Unha vintena de profesores e profesoras do ERASMUS visitaron o MELGA

Cedida.

Este mércores o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) recibiu a vista dun grupo de 20 profesores e profesoras do ERASMUS visitantes dun colexio da Coruña. Os mestres e mestras puideron compartir unha xornada lúdico explicativa co fundador do MELGA, Ricardo Pérez Verdes, que fixo as delicias dos visitantes durante o percorrido polas diferentes estancias do museo.
O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, acudiu a saudar e a compartir momentos cos visitantes que quedaron encantados coa variedade de experiencias vividas na visita a este museo único en Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha