Ponteceso xa traballa na segunda fase de acceso ao parque empresarial de Tella

Cedida

  • A Administración local tentará mobilizar outros 150.000 euros para o novo tramo a través dunha solicitude á Consellería de Industria

O Concello de Ponteceso xa está a traballar na segunda fase das sendas de acceso ao parque empresarial de Tella para «conectalo co centro cultural de Ponteceso de forma sostible e segura para os peóns», sinalan desde o Executivo local. Este venres, as concelleiras Noelia Varela e Maite Chouciño supervisaron co alcalde, Lois García Carballido, o remate das obras de pavimentación, que darán paso á instalación da sinalización. O Concello optou por fresar as beiravías antes de pavimentalas, decisión motivada por «pensar nos peóns, nas bicicletas e nas cadeiras de rodas» antes que nos coches.

A Administración local tentará mobilizar outros 150.000 euros para o novo tramo a través dunha solicitude á Consellería de Industria da Xunta de Galicia. «Por menos dun millón de euros podiamos ter sendas por ambas marxes, de Ponteceso a Buño», afirma o rexedor, quen ademais destaca que «temos o estudio e buscamos financiamento para facelo, aínda que sexa por fases».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha