Ponteceso | Xornada de limpeza na praia da Ermida dentro do proxecto Mares Circulares

Limpeza na praia de A Ermida_Concello de Ponteceso

  • Celebrouse este mércores e contou coa participación de varios veciños, alumnado do IES Eduardo Pondal e voluntarios de Coca-Cola

O Concello de Ponteceso participou este mércores nunha xornada de sensibilización e limpeza na praia de A Ermida, en Corme, dentro do programa Mares Circulares de Coca-Cola. Na actividade, posta en marcha para conmemorar o Día Mundial da Reciclaxe (17 de maio), participaron alumnado de 4º da ESO do IES Eduardo Pondal e veciños e veciñas de Ponteceso así como traballadores e voluntarios de Coca-Cola.

Ao rematar a actividade no areal realizouse un obradoiro de sensibilización no centro escolar a cargo de Antonio Castro, da asociación Chelonia. No encontro púxose de manifesto a importancia da recollida e a posterior clasificación dos residuos.

Mares Circulares é un proxecto integral con enfoque científico posto en marcha dende Coca-Cola cunha tripla perspectiva: a recollida e intervención no ámbito acuático, a sensibilización da cidadanía e a recollida de datos científicos e respaldo a estudos e start-ups para solucionar a problemática do lixo mariño a través da economía circular. Desde o 2018 Mares Circulares leva recollidas máis de 1.513 toneladas de residuos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha