Ponteceso | Xornadas de Emprendemento e Empregabilidade no IES Eduardo Pondal

2 minutes read

O IES Eduardo Pondal acolle estes días as I Xornadas de Emprendemento e Empregabilidade para poñer en contacto as empresas da contorna co alumnado de FP que titula neste curso tanto da familia profesional de Mantemento de Vehículos como de Atención a persoas en situación de dependencia.

Estes últimos, van ser a primeira promoción que consiga esta titulación nun instituto da Costa da Morte, profesión con moi baixa tasa de desemprego.

“O noso alumnado esforzouse moito durante estes dous cursos para acadar os coñecementos e habilidades necesarias para seren os mellores profesionais dos coidados, algo que enche de orgullo ao equipo docente”, comenta Cristina Vázquez, profesora deste ciclo de formación profesional desde o curso pasado.

Este mércores 20, participarán nunha mesa redonda sobre o futuro laboral dos coidados:

  • Natali Asorey Zorraquino, Cooperativa Casas do Maior Costa da Morte
  • Mónica Picallo Amigo e Eva Fragoso López, Coordinación Centro de Día Aurum, Zas
  • Ana Isabel Castro Vilariño, Coordinadora do SAF no Concello de Carballo e FEPAS

“Nestas xornadas, queremos ademáis, abrirnos á comunidade encargada dos coidados á dependencia da nosa comarca, para dar a coñecer ao noso alumnado e que estes tamén coñezan a realidade do mercado laboral, cal é o perfil profesional que se busca nos diferentes servizos e as posibilidades de autoemprego”.

Durante o resto do curso seguiranse a programar actividades e saídas para dar a coñecer as posibilidades laborais deste ciclo tan demandado actualmente na contorna.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?