Pontecesures denuncia na Garda Civil danos contra o mobiliario público por 3.000 euros

1 minutes read

O Concello de Pontecesures vén de presentar denuncia ante a Garda Civil de Caldas de Reis por un presunto delito de danos contra o mobiliario urbano acontecido entre o 15 e o 19 de maio. Uns feitos denunciados por Juan Manuel Vidal Seage, en calidade de alcalde do Concello de Pontecesures.

Na súa declaración no posto de Caldas de Reis, Vidal Seage ratificou que entre as 0:00 horas do 8 de maio e as 21:30 horas do 19 de maio observara que en numerosos bens de titularidade municipal se colocaran diversos tipos de pegatinas adhesivas, todas elas alusivas á disconformidade co futuro polígono empresarial, o que causou danos de diversa consideración no mobiliario urbano municipal. Uns danos que ascenden a aproximadamente uns 3.000 euros.

O alcalde de Pontecesures achegou sete fotografías en tamaño A4 que recollen os feitos denunciados. A Garda Civil de Caldas de Reis acordou iniciar as correspondentes dilixencias.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?