Pontedeume contará cunha senda peonil de máis de 3 quilómetros en Centroña

0 minutes read

Esta senda peonil conectará os núcleos eumeses de Ventosa, Vizus, O Portiño e Centroña, garantindo a seguridade dos peóns que transitan polas marxes da estrada DP 4803. Así o anunciou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante unha visita a Pontedeume na que estivo acompañado polo alcalde e portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, e na que supervisaron tamén o resultado das obras de mellora da seguridade viaria executadas pola Deputación no entorno do colexio de Andrade. Representantes das asociacións veciñais de Centroña e Andrade acompañaron o alcalde e o presidente durante a visita.