O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu á recepción das obras de modernización da potabilizadora municipal de Pontedeume de xeito que, tras as melloras realizadas no marco da actuación de emerxencia declarada o 13 de outubro sobre a situación de turbidez do río Eume e as súas consecuencias no abastecemento de auga ao municipio, volve a mans do Concello para o seu mantemento.
Con esta actuación levouse a cabo a instalación dos equipos para optimizar a planta, cunha inversión de 1,5 millóns de euros, para asegurar o abastecemento ao concello de Pontedeume e a calidade da auga no río, axudando ao Concello na correcta prestación deste servizo de competencia do Concello. Neste sentido, destinouse a maior parte do orzamento a paliar as limitacións que presentaba a potabilizadora municipal.