Os traballos realizados para a reforma do edificio supuxeron un investimento total de 218 mil euros, cofinanciados pola Deputación e o Concello de Pontedeume.
A actuación centrouse na rehabilitación da cuberta, fachada e carpintería exterior. Na planta alta, conservouse o espazo que funcionaba como antiga casa da mestra e transformouse nunha vivenda de acollida para persoas en emerxencia social (desafiuzamento, mulleres vítimas de violencia de xénero…) e, pola outra, reformouse o que era a antiga aula para destinala a novos usos. Ademais, instalouse un ascensor para mellorar a accesibilidade e executouse unha nova rede de recollida de pluviais así como un drenaxe e impermeabilización do perímetro para evitar as humidades.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, inauguraron o pasado sábado este novo local social de Campolongo, unha antiga escola unitaria transformada cos fondos do Plan Único.