Pontedeume | Renovación da zona de entrada do Camiño Inglés ao núcleo urbano

Os traballos que se acometerán consisten na eliminación do pavimento existente que será substituído por un novo firme de lousas de pedra, máis acorde co entorno, que continuará o Camiño desde a ponte pedra ata o cruce cara a praza de España, prolongándose por diante da Casa do Mar para enlazar depois co resto do paseo marítimo. Renovarase tanto a zona de tráfico de vehículos coma a peonil, optimizando o espazo para garantir prazas de aparcamento.

Ademais, instalarase un pavimento de formigón desactivado no resto da praza e manteranse as dúas zonas verdes existentes, aínda que se substituirán as árbores actuais por catro tamarindos coma os do paseo ao outro lado da Casa do Mar e modificarse o emprazamento da escultura e do panel informativo.

Tamén se instalarán novos bancos de madeira e unha nova iluminación LED empotrada no firme, que mellorará tanto o aspecto estético coma a visibilidade e seguridade dos peóns na zona.

Previamente á execución destes traballos realizaranse melloras na rede de saneamento.