Pontedeume | Tratan de restablecer o apto consumo da súa auga

Augas de Galicia está a colaborar co Concello de Pontedeume e coa concesionaria do servizo municipal de augas para tratar de restablecer os parámetros que permitan o seu consumo por parte da poboación.

Este luns colocáronse no río unhas barreiras que Augas de Galicia estaba a empregar na obra do colector que está a executar no municipio, para tratar de reducir a turbidez das augas no río Eume.

Ademais estase a traballar na planta de tratamento, coa dosificación de diferentes reactivos co obxectivo de restablecer os parámetros que permitan o seu consumo.

Os traballos realizados deron xa os primeiros resultados, xa que en tres dos catro filtros da estación de tratamento se percibiu xa unha certa baixada da turbidez, aínda que é preciso seguir traballando para ver se esta mellora se consolida.

Nesta liña, realizarase unha analítica completa para garantir o cumprimento de todos os parámetros que permitan restablecer o consumo da auga á poboación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha