Pontedeume | Unha menor sobrevive a unha caída desde un quinto piso dun edificio abandonado

1 minutes read

Un particular informaba ao CIAE-112 Galicia da caída dunha persoa desde unha altura dun quinto piso dun edificio abandonado. Resultou ser unha parella de mozos, menores de idade, que se introduciron nun edificio abandonado da rúa Picho, en Pontedeume, a moza, por causas descoñecidas, cando estaban no quinto piso precipitouse polo oco do ascensor caendo sobre uns entullos. Foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide e ao parecer soamente presentaba fracturas de tibia e peroné.

Nada máis recibir a chamada do alertante, o 112 Galicia informou enseguida o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cuxo persoal contactaba cos xestores de emerxencias para informar do mesmo suceso. Indicaban que se trataba dunha zona complexa para acceder coa ambulancia e que se trasladaron con dúas ambulancias unha de soporte vital básico e outra avanzado (medicalizada).