Pontevedra arrastrada ao nivel medio polo gromo de Mallorca

0 minutes read

Pontevedra é a área sanitaria máis afectada polo macrogromo orixinado entre estudantes que viaxaron a Mallorca, posto que concentra 85 dos 108 positivos detectados ata o momento en Galicia. Permanecerá tamén con restricións medias o concello lindeiro de Poio, nivel no cal estarán tamén desde a medianoite do próximo sábado os municipios pontevedreses de Vilaboa, Vilanova de Arousa, Cambados, Barro e Oia. O Servizo Galego de Saúde detectou tamén un gromo de covid-19 con ao redor dunha vintena de casos positivos con orixe nunha festa de mozos na parroquia do Pindo, do municipio de Carnota.