37
O Concello de Pontevedra decidiu suspender, por mor da pandemia do coronavirus, a celebración da 21ª Feira Franca, que se ía a celebrar o próximo 5 de setembro. «Somos conscientes de que a situación epidemiolóxica en Galicia e no Estado español é mala», explicou a concelleira de Festas, Carme da Silva, para xustificar que se toma esta decisión «por responsabilidade e para que non haxa ningún tipo de confusión e que a xente non pense que vai ser un sábado de festa nas prazas e nas rúas». Carme da Silva cualificou de «dolorosa» esta decisión que afecta os actos e actividades «simbólicos» que se ían a manter, como a decoración do centro histórico da cidade e os pasacalles.