Pontón acusa a Rueda de ‘facer trampas’ utilizando os recursos da Xunta e da TVG

Ana Pontón_Cedida.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusa ao xefe do Executivo de facer trampas utilizando o seu cargo, os recursos da Xunta e á TVG para facer campaña electoral como candidato do Partido Popular, nunha descarada utilización partidista de recursos públicos.

«Rueda xa non exerce como presidente senón como candidato do PP metido de cheo na súa campaña, e o grave é que está utilizando de maneira espuria o seu cargo, á Xunta e os medios públicos para a súa promoción como candidato, unha utilización partidista dos recursos públicos que é un auténtico escándalo democrático», denunciou Pontón, indicando que nunhas eleccións «todos e todas temos dereito a competir en igualdade de condicións pero unha vez máis o PP quere facer trampas poñendo a Xunta e a CRTVG ao seu servizo».

Pontón fixo esta denuncia desde Pontevedra de visita no Culturgal, onde indicou que o BNG está preparado para afrontar as eleccións galegas sexan cando sexan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha