Pontón afirma en Vigo que ‘Galiza vai saír gañando cunha presidenta do BNG’

A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, participou en Vigo na presentación da candidatura do BNG, acto no que destacou que as eleccións do 18-F non son nin unha «reválida» de Sánchez nin un «premio de consolación» para Feijóo». Ao contrario, «estas eleccións van de Galiza, facernos valer cunha presidenta coas mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas, porque a min ninguén me vai poñer límites, nin desde Madrid, nin desde un consello de administración. Sei ben quen son, a quen me debo e de que lado quero estar, ao servizo da xente deste País», proclamou. Pontón deixou claro que «é o momento de ter unha presidenta capaz de poñer en marcha unha Galiza en grande», man a man con maioría social que quere cambio e que ve no BNG a súa esperanza de futuro, subliñou,  destacando que é hora de facer historia cunha muller presidenta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha